Proxección da película «Atraco perfecto» de Stanley Kubrick
- Data
- Martes, 25 de abril de 2023
- Horario
- 19.15h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 25 de abril, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Atraco perfecto» (The Killing). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo Stanley Kubrick I do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.
Atraco perfecto (The Killing)
Director: Stanley Kubrick
Estados Unidos, 1956
Despois de pasar polo cárcere, Johnny Clay decidiu dar o último golpe da súa vida, o que lle permita retirarse xunto á súa amada Fay. O plan é levar a recadación das carreiras de cabalos dun hipódromo. Despois dunha meticulosa selección de colaboradores, planea a estratexia do asalto cunha precisión insospeitada. Tratará de provocar un altercado na sala de apostas e matar ao cabalo favorito da sétima carreira. Clay conta coa axuda de Randy, un policía subornado, George, o caixeiro das apostas, e Mike, barman do hipódromo. O atraco desenvólvese segundo o previsto pero os problemas preséntanse co reparto do botín.
José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo e Académico correspondente da Real Academia Galega.