Novas
CINECLUB ATENEO
Desenvolverase todos os martes ás 19.15h do 18 de abril ao 6 de xuño

- Compartir
O Ateneo de Santiago iniciará o martes, 18 de abril, un Cineclub, que para este ano 2023 se centrará en dous ciclos:
O cinema musical de Bob Fosse, coordinado por Antón Porteiro.
Stanley Kubrick I, coordinado por José Manuel González Herrán.
Estes ciclos, integrados por 3/4 películas, desenvolveranse, en semanas alternas nos meses de abril, maio e xuño, os martes, ás 19.15h, no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela). Cada unha das sesións será presentada brevemente polos coordinadores ou por presentadores convidados e está seguida dun coloquio co público asistente.
Como inauguración e presentación do Cineclub Ateneohaberá unha sesión extraordinaria o 18 de abril, «Homenaxe a Carlos Saura», na que se proxectará a súa película Deprisa, deprisa (1981), presentada por Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC, quen tamén moderará o coloquio posterior.
O resto da programación será como segue:
25 de abril, 19.15h
Ciclo Stanley Kubrick I
The Killing [Atraco perfecto]
1956 (85 minutos)
2 de maio, 19.15h
Ciclo O cinema musical de Bob Fosse
Cabaret
1972 (125 minutos)
9 de maio, 19.15h
Ciclo Stanley Kubrick I
Paths of Glory [Sendeiros de gloria]
1957 (84 minutos)
16 de maio, 19.15h
Ciclo O cinema musical de Bob Fosse
Lenny
1974 (110 minutos)
23 de maio, 19.15h
Ciclo Stanley Kubrick I
Lolita
1962 (150 minutos)
30 de maio, 19.15h
Ciclo O cinema musical de Bob Fosse
All that jazz [Comeza o espectáculo]
1979 (123 minutos)
6 de xuño, 19.15h
Ciclo Stanley Kubrick I
Dr. Strangelove, or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb
[Teléfono vermello: voamos cara a Moscova]
1964 (90 minutos)