Hemeroteca

Carlos Saura, Stanley Kubrick e Bob Fosse na axenda cinéfila do Ateneo de Santiago

O Ateneo de Santiago ven de presentar a súa programación de cine con Carlos Saura, Stanley Kubrick e Bob Fosse como protagonistas.

Compartir

 

O Ateneo organiza o vindeiro martes, como primeira cita de esta programación, unha sesión extraordinaria de “Homenaxe a Carlos Saura”. Fernando Redondo, Profesor de Comunicación Audiovisual da USC, presentará a proxección de “Deprisa deprisa”. Redondo será ademais o encargado de moderar o debate posterior.

Con posterioridade desenvolveranse dous ciclos cinematográficos sobre Stanley Kubrick e Bob Fosse, que terán lugar entre o 25 de abril e o 6 de xuño, a partir das 19.15h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da súa sede social, sita no segundo andar do número 4 da Praza de Salvador Parga, e na que se proxectarán as súas obras máis sobresaíntes.

No caso de Kubrick o 25 de abril proxectarase “Un atraco perfecto”; o 9 de maio “Sendeiros de gloria”; o 23 de maio “Lolita” rematando o 6 de xuño coa proxección de “eléfono vermello? Voamos cara a Moscú”.

O ciclo de Bob Fosse comezará o 2 de maio con “Cabaret”; o 16 de maio proxectarase “Lenny” para rematar o 30 de maio con “Comeza o espectáculo”.

Todas as películas serán proxectadas en versión orixinal subtitulada.

Ver en Lindeiros

Eventos relacionados