Proxección da película «Smoke» de Wayne Wang, con guión de Paul Auster
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Proxección de películas que tratan sobre a temática da educación en versión orixinal subtitulada, precedidas dunha breve presentación, a cargo de recoñecidos especialistas (en cine ou nos temas abordados en cada película), que tamén moderan o debate posterior
Trata de dar resposta ás inquedanzas que presenta o proceso educativo, ás súas finalidades e obxectivos e ás súas consecuencias sobre o conxunto da sociedade, nun contexto de cambios profundos tanto nos eidos instrumentais (novas tecnoloxías) como nos novos paradigmas sociais, económicos e políticos que se albiscan nos vindeiros anos.
Ademais da función lúdica, o cine sempre compartiu unha intención educadora das poboacións, establecéndose un sistema de relacións cada vez máis amplas e frutíferas entre cine e educación. A expresión máis común é o uso do cine como recurso didáctico mais tamén o seu emprego como un produto cultural cun determinado discurso sobre unha temática socialmente controvertida ou tomar a educación como tema cinematográfico.