Videoteca

Máis información

O préstamo dos exemplares é gratuíto e exclusivo para os/as ateneístas coas seguintes normas:
 • Exemplares máximo de préstamo: 2
 • Período máximo de préstamo: 1 semana (non renovable)
 • Retirada e devolución exclusiva no horario de apertura do Ateneo

Consulta o horario da videoteca

Acceso ao catálogo

A Videoteca do Ateneo de Santiago está conformada por doazóns dos socios da entidade, constando de máis de 500 títulos en formato DVD de diferentes xéneros, nacionalidades (cine galego, español, europeo, americano e incluso asiático e australiano) e épocas (dende 1915 ata a actualidade). 

Organízase polas seguintes temáticas: 
          - Acción (A)
          - Animación (AN)
          - Aventuras (AV)
          - Bélico (B)
          - Comedia (C)
          - Ciencia ficción (CF)
          - Drama (D)
          - Documental (DC)
          - Histórico (H)
          - Musical (M)
          - Policíaco (P)
          - Terror (T)
          - Western (W).

O catálogo está ordenado alfabeticamente polo título, podendo realizar buscas de calquera dos outros campos (ano, país de orixe, xénero, director, intérpretes principais, signatura ou título do capítulo). Do mesmo xeito, inclúese, sempre que é posible, o enlace á ficha completa da película así como os títulos dos capítulos dispoñibles nas series e outras referencias adicionais para axudar a localizar o que se precisa.