Debate sobre «Martinete del rey sombra» de Raúl Quinto

Data
Martes, 7 de maio de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 7 de maio, ás 17.30h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Martinete del rey sombra de Raúl Quinto.

Martinete del rey sombra revive o que se chamou a Gran Redada, un episodio esquecido no cal o 30 de xullo de 1749, baixo o reinado de Fernando VI e por orde do Marqués de Ensenada, se produciron arrestos masivos da poboación xitana española no que se chegou a calificar como un proxecto fallido de exterminio. Esta obra recrea as experiencias dos xitanos dende a súa detención ata a amnistía concedida dezaoito anos despois, pasando por prisións improvisadas, traballos forzados en arsenais e fogares de asistencia, illamento, torturas, enfermidades, naufraxios, motíns e intentos de escape. Ao mesmo tempo, sumérxenos na vida da Corte dos primeiros Borbóns españois, presentando un rico tapiz de intrigas políticas, excesos e traxedias personais a través de detalladas biografías meticulosamente documentadas.

Raúl Quinto (Cartaxena, Murcia, 1978), Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Granada, traballa actualmente en Almería como profesor de Historia da Arte e Xeografía e Historia nun instituto.​ A súa traxectoria como poeta comezou coa publicación de Grietas (2002), recibindo dous anos despois o Premio Andalucía Joven de Poesía, convocado polo Instituto Andaluz de la Juventud, polo seu poemario La piel del vigilante. Colaborou con reseñas e artigos en publicacións como Quimera ou La Voz de Almería. Entre 2016 e 2023 codirixiu, xunto a Isabel Jiménez Caro, a Facultade de Poesía José Ángel Valente, vinculada á Universidade de Almería, que promoveu e difundiu a poesía con recitais, encontros entre escritores e formatos poéticos de vangarda.​

Próximos eventos Ver axenda