Estatutos

O Ateneo de Santiago é unha asociación sen ánimo de lucro constituída ao amparo da Lei Orgánica 1/ 2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.

O Ateneo de Santiago é xestionado e representado por unha Xunta Directiva, cun período de mandato de 3 anos. Dita Xunta é designada pola Asemblea Xeral, integrada por todos os asociados. As actividades do Ateneo de Santiago desenvolveranse na área de Compostela.

O Ateneo de Santiago réxese polos seus propios Estatutos, aprobados en Asemblea Xeral Extraordinaria o 11 de abril de 2008. En todo aquilo que non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/ 2002, de 22 de marzo.

Descargar