Xunta directiva
A Xunta Directiva é o órgano de xestión e representación do Ateneo de Santiago. Está formada polo Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e cinco Vogais, elixidos pola Asemblea Xeral por un mandato de 3 anos. Segundo o artigo 10 dos Estatutos da entidade, as súas funcións son:
a) Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
b) Executar os acordos da Asemblea Xeral.
c) Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos así como os Balances e Contas anuais.
d) Resolver sobre a admisión de novos asociados.
e) Nomear delegados para determinadas actividades da Asociación.
f) Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de Socios.
- Presidente/a
- Francisco Candela Castrillo
- Vicepresidente/a
- José Manuel González Herrán
- Secretario/a
- Pilar Sampedro Martínez
- Tesoureiro/a
- Antón Porteiro Lago
- Vogais
- Marina Luisa Somoza Quiroga, Xosé Ramón Pousa Estévez, Juana María Otero Suárez, Manuel López-Rivadulla Lamas, María del Carmen Sánchez Carrera, Álvaro Silva Teira, Enriqueta Rivas Lombardero e Luis Rivero de Aguilar Sobrino