Proxección da película «Il divo» de Paolo Sorrentino

Data
Martes, 14 de maio de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CINECLUB ATENEO 2024

Compartir

O martes, 14 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Il divo». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine italiano do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Il divo
Director: Paolo Sorrentino
Italia, 2008
Película sobre un dos personaxes máis controvertidos da política italiana, Giulio Andreotti, que foi xefe do goberno en sete ocasións. Narra as presuntas relacións de Andreotti coa mafia siciliana, delitos polos que foi procesado nos anos 90 e absolto por falta de probas.

Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda