Novas
CINECLUB ATENEO 2024
Desenvolverase todos os martes ás 19.00h do 9 de abril ao 4 de xuño

- Compartir
O Ateneo de Santiago iniciará o martes, 9 de abril, unha nova edición do seu Cineclub, que para este ano 2024 se centrará en dous ciclos:
O cine social e político de Mario Camus, coordinado por José Manuel González Herrán.
O cine italiano do século XXI, coordinado por Antón Porteiro.
Estes ciclos, integrados por catro películas, desenvolveranse todos os martes dos meses de abril e maio ás 19.00h, no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela). Cada unha das sesións será presentada brevemente polos coordinadores ou por presentadores convidados e estará seguida dun coloquio co público asistente.
Como peche desta edición haberá unha sesión especial o 4 de xuño, na que se proxectará a película Smoke (1995) de Wayne Wang, como homenaxe ao recentemente falecido escritor Paul Auster, quen realizou o guión deste filme.
PROGRAMA:
O CINE SOCIAL E POLÍTICO DE MARIO CAMUS
9 de abril, 19.00h
Sombras nunha batalla (Sombras en una batalla)
1993 (97 minutos)
16 de abril, 19.00h
Amor propio
1994 (117 minutos)
23 de abril, 19.00h
A praia dos galgos (La playa de los galgos)
2002 (132 minutos)
30 de abril, 19.00h
O prado das estrelas (El prado de las estrellas)
2007 (114 minutos)
O CINE ITALIANO DO SÉCULO XXI
7 de maio, 19.00h
A habitación do fillo (La stanza del figlio)
Nanni Moretti, 2001 (100 minutos)
14 de maio, 19.00h
Il divo
Paolo Sorrentino, 2008 (110 minutos)
21 de maio, 19.00h
Tres pisos (Tre piani)
Nanni Moretti, 2021 (119 minutos)
28 de maio, 19.00h
A gran beleza (La grande bellezza)
Paolo Sorrentino, 2013 (142 minutos)
SESIÓN ESPECIAL: HOMENAXE A PAUL AUSTER
4 de xuño, 19.00h
Smoke
Wayne Wang, 1995 (112 minutos)