Proxección da película «Tres pisos» de Nanni Moretti
- Data
- Martes, 21 de maio de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 21 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Tres pisos» (Tre piani). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine italiano do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Tres pisos (Tre piani)
Director: Nanni Moretti
Italia, 2021
Relato sobre os membros de tres familias cuxos apartamentos están no mesmo bloque de clase media. Trátase dun matrimonio de rapaces novos, Lucio e Sara, que sospeita que o seu veciño, Renato, abusou da súa filla; unha nai, Mónica, cuxo marido, Giorgio, está sempre fóra traballando; e unha xuíza xubilada, Dora, que exerce o mesmo traballo do seu marido, Vittorio.
Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.