Debate sobre «El esplendor de la señorita Jean Brodie» de Muriel Spark

Data
Martes, 21 de maio de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 21 de maio, ás 17.30h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra El esplendor de la señorita Jean Brodie de Muriel Spark.

El esplendor de la señorita Jean Brodie relata como no Edimburgo dos anos 30, na Escola Marcia Blane, que forma a futuras élites, a peculiar profesora Jean Brodie exerce unha poderosa influencia sobre seis alumnas, coñecidas como «o grupiño de Brodie», no que se reúnen para debatir sobre arte, política e amor baixo a súa tutela, guiándoas cara á virtude e compartindo a súa vida e esperanzas. Aínda que parecen inseparables, as reunións clandestinas ensínanlle que a amizade pode traer tanta dor como traición, desafiando a crenza na súa indestrutibilidade.

Muriel Spark (Edimburgo, 1918-2006) viviu unha vida marcada por desafíos e cambios constantes. Tras casar nova e viaxar a África, regresou a Londres durante a Segunda Guerra Mundial para traballar nunha oficina de contraespionaxe, adicándose posteriormente por completo á escritura. A súa obra abarca poesía, crítica literaria, teatro e máis de vinte novelas, tendo recibido recoñecementos como o título de dama do Imperio Británico ou o Premio David Cohen de Literatura Británica en 1997 polo conxunto da súa obra, destacando como a escritora máis brillantes da posguerra de Gran Bretaña. Faleceu en 2006 na Toscana, deixando unha novela inconclusa.