Proxección da película «Amor propio» de Mario Camus
- Data
- Martes, 16 de abril de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 16 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Amor propio». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine social e político de Mario Camus» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.
Amor propio
Director: Mario Camus
España, 1994
O home de Juana é director dunha sucursal bancaria e leva varios meses preparando un gran desfalco. A noite en que dá o golpe desaparece, tendo Juana, que non sabe nada do asunto, que dar a cara ante o xuíz e os directivos do banco. Inspirada na historia real dun dos maiores roubos da historia española.
José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade e Académico correspondente da Real Academia Galega.