Proxección da película «Lenny» de Bob Fosse
- Data
- Martes, 16 de maio de 2023
- Horario
- 19.15h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 16 de maio, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película Lenny. Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cinema musical de Bob Fosse» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Lenny
Martes, 16 de maio, 19.15h
Estados Unidos, 1974
Lenny Bruce é un cáustico humorista que traballa en locais nocturnos de pouca categoría. Pouco despois de coñecer a Honey, unha exuberante bailarina de striptease, casa con ela. Durante anos manteñen unha relación tumultuosa que inclúe drogas e sexo pouco convencional pero acaban separándose. A fama de Lenny como showman vai en aumento pero tamén as denuncias e xuízos que debe afrontar debido ao carácter subversivo do seu humor.
Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.