Proxección da película «Sendeiros de Gloria» de Stanley Kubrick

Data
Martes, 9 de maio de 2023
Horario
19.15h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

CINECLUB ATENEO

Compartir

O martes, 9 de maio, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Sendeiros de Gloria» (Paths of Glory). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo Stanley Kubrick I do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Sendeiros de Gloria (Paths of Glory)
Director: Stanley Kubrick
Estados Unidos, 1957
Primeira Guerra Mundial (1914-1918). En 1916, en Francia, o xeneral Boulard ordena a conquista dunha inexpugnable posición alemá e encarga esa misión ao ambicioso xeneral Mireau. O encargado de dirixir o ataque será o coronel Dax. A toma do outeiro resulta un inferno e o rexemento emprende a retirada cara ás trincheiras. O alto mando militar, irritado pola derrota, decide impoñer ao rexemento un terrible castigo que sirva de exemplo aos demais soldados.

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo e Académico correspondente da Real Academia Galega.