Proxección da película «All that Jazz» de Bob Fosse
- Data
- Martes, 30 de maio de 2023
- Horario
- 19.15h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 30 de maio, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película All that jazz [Comeza o espectáculo]. Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cinema musical de Bob Fosse» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
All that jazz [Comeza o espectáculo]
Martes, 30 de maio, 19.15h
Estados Unidos, 1979
Joe Gideon (Roy Scheider) é un implacable coreógrafo neste musical pouco convencional que retrata a dureza, o esplendor e a decadencia das persoas do mundo do espectáculo, a quen o triunfo lles nega ás veces a posibilidade doutros afectos. Un drama que retrata a outra cara do show, o que ocorre entre bastidores.
Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.