Homenaxe a Carlos Saura

Data
Martes, 18 de abril de 2023
Horario
19.15h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

CINECLUB ATENEO

Compartir

O martes, 18 de abril, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a sesión inaugural do Cineclub Ateneo cunha «Homenaxe a Carlos Saura», na que se proxectará a súa película Á présa, á présa (Deprisa, deprisa). Esta proxección estará presentada e comentada por Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC.

Deprisa, deprisa (Ás présas, ás présas)
España, 1981
Pablo, "o Meca", "o Sebas" e Ángela son catro rapaces que queren escapar do ambiente marxinal no que viven. Para iso, necesitan conseguir diñeiro, aínda que non están dispostos a traballar durante anos para poder aforrar. Eles só pensan en conseguilo rapidamente e en vivir ás présas.

Fernando Redondo Neira, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é Profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), é coautor de Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura y sociedad e Coordinador-editor do volume Cidadanía e documental. Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo, forma parte da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC), do Centro de Estudos Fílmicos da USC e da Asociación Galega de Investigadores/as da Comunicación.

Próximos eventos Ver axenda