Conferencia «Museo do Pobo Galego. O futuro dun legado» de Concha Losada

Data
Luns, 6 de novembro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 6 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela a conferencia titulada «Museo do Pobo Galego. O futuro dun legado», que estará impartida por Concha Losada, Presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Concha Losada Vázquez, natural de Ourense, é licenciada e doutora en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende os anos 90 mantivo distintas actividades asociativas e culturais sempre en relación coa cultura galega. Foi socia fundadora da Asociación do Traxe Galego, entidade na que participou en sucesivas Xuntas Directivas e que presidiu entre 1998 e 2000. Sendo socia do Museo do Pobo Galego dende os anos 90, iniciou actividade de colaboración voluntaria co Museo no ano 2007 no que, dende o seu Instituto de Estudo das Identidades, comezaba o traballo de poñer en valor e difundir os legados de música tradicional orixinal que a institución recibía. Naquel Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade segue exercendo como coordinadora hoxe en día. Dende 2007 é membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e dende 2009 é vogal da Xunta Reitora do Museo, o que máis adiante pasou a denominarse Consello de Goberno da institución co cambio dos Estatutos. Dende 2019 foi vicepresidenta do Padroado, sendo Presidente  D. Xusto González Beramendi, e foi nomeada Presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego o 28 de Maio de 2022, cargo que exerce na actualidade.

Próximos eventos Ver axenda