Visita guiada á exposición «Soledad Penalta. Palabras Orfas» na Igrexa da Universidade

Data
Venres, 18 de marzo de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Igrexa da Universidade
Máis información

Vídeo USC TV

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 18 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «Soledad Penalta. Palabras Orfas», situada na Igrexa da Universidade, que estará guiada polo seu Comisario Juan M. Monterroso.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 16 de marzo.

Nesta exposición a escultora noiesa propón, a través dunha mostra antolóxica de 17 obras, nas que combina o aceiro inoxidable co aceiro cortén, unha intensa reflexión sobre a condición humana, sobre as tensións creadas entre o individuo e a sociedade. A partir dunha linguaxe abstracta, conxugada con referencias figurativas e conceptuais, os seus característicos perfís antropomórficos xorden e desbordan cada un dos seus traballos, nos que as palabras, tomadas de autores como Omar Khayyam ou Jorge Oteiza, crean delicados xogos caligráficos que expresan desexos, inquietudes, esperanzas e temores.

A obra de Soledad Penalta está presente en numerosas coleccións de arte, galerías e museos, cunha significativa produción de obra pública na Coruña (1995), Muxía (1995), Pontevedra (1999), Porto do Son (2007) ou Santiago de Compostela (2011, 2022).

Próximos eventos Ver axenda