Ateneo Viaxeiro
O Ateneo Viaxeiro ten como principal obxectivo programar actividades de especial interese a través de saídas e visitas sociocultuais a realizar nun marco libre fóra da sede habitual da entidade, recollendo en reunións periódicas as propostas dos ateneístas coas que se establece o programa a levar a cabo, acordando datas e outros aspectos de organización e desenvolvemento.
Este grupo presenta, con carácter xeral, roteiros e visitas guiadas a exposicións, parques, rúas, monumentos e museos da cidade de Santiago de Compostela e do seu contorno próximo, así como tamén de toda Galicia, e, con carácter extraordinario, saídas a puntos de interese do resto de España e Europa.