Encontro co Reitor
- Data
- Mércores, 16 de febreiro de 2022
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
O mércores, 16 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo un encontro co Reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, único candidato á reelección ao cargo nos vindeiros comicios deste ano 2022.
Neste acto o Reitor explicará os principais puntos da súa candidatura e manterá un coloquio posterior cos asistentes.