Ateneo Inquedo - Emprendendo ideas na área de Compostela

Data
Xoves, 17 de febreiro de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Imprescindible preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.gal

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O xoves, 17 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo, unha nova actividade, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada Ateneo Inquedo.

Esta primeira sesión, titulada «Emprendendo ideas na área de Compostela», estará conducida por Álvaro Silva, Doutor en Enxeñaría Química e Ambiental e Project Manager de Cetaqua Galicia, e contará coas seguintes intervencións:

  • Relatorio «Como se xesta un proxecto de base científico-tecnolóxica? Instrumentos de financiamento e acompañamento no proceso», a cargo de Pablo Mosquera, Director de Investimentos de UNIRISCO.
  • Dous casos de éxito:
    • «BFlow, orixe e desenvolvemento», a cargo de María Seoane, CEO de BFlow.
    • «Nanogap, orixe e desnvolvemento», a cargo de Tatiana López, CEO de Nanogap.

O acto estará introducido polo Presidente do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla, e rematará cun coloquio co público asistente.

Para asistir é imprescindible preinscribirse no mail ateneo@ateneodesantiago.gal.

Pablo Mosquera Martínez, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas e Máster en Dirección Financeira, estivo sempre vinculado na súa carrera profesional  á xestión da innovación, a valorización de tecnoloxía e o emprendemento. Como consultor de negocio en Everis, desenvolveu proxectos de planificación estratéxica e financeira, deseño organizativo e normativo, sempre vinculados á dixitalización e uso da tecnoloxía como panca de valor das organizacións. Tamén foi adxunto a dirección na startup de software para o procesamento avanzado e cuantificación de imaxes médicas Qubiotech Health Intelligence e xestor de innovación e transferencia de tecnoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Servizo Galego de Saúde. É cofundador da empresa Noukee dende 2020 é Director de Investimentos de UNIRISCO. Pablo foi recoñecido como Registered Technology Transfer Professional pola alianza internacional ATTP.

María Seoane Ramíl, Licenciada en Ciencias económicas e empresariais pola UDC, é CEO de BFlow e de FlowReserve Labs. Anteriormente xa fora Directora Executiva de Clínica DíaLibre e Marketing Manager de Medtronic.

Tatiana López é Licenciada en Química pola USC, especializada en Administración e Dirección de Empresas (EMBA) pola ESADE de Barcelona. Na súa vida profesional desenvolveu os postos de investigadora en GAIRESA e técnico en desenvolvemento de negocios na USC. Actualmente é a CEO de Nanogap dende o ano 2006.

Próximos eventos Ver axenda