Visitas guiadas á exposición «Antón Patiño. Caosmos»

Data
12, 14 e 15 de xaneiro de 2021
Horario
17.30h
Lugar
Centro Galego de Arte Contemporáneo
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O Ateneo de Santiago ten programadas unhas visitas guiadas gratuítas á exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea «Antón Patiño. Caosmos» nas seguintes datas:

  • Martes, 12 de xaneiro, ás 17.30h.
  • Xoves, 14 de xaneiro, ás 17.30h.
  • Venres, 15 de xaneiro, ás 17.30h.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse, indicando a data elixida, no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.

Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, dende a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda