Conferencia «Mosteiros e vida monástica na Compostela medieval»

Data
Luns, 16 de decembro de 2019
Horario
20.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19
Compostela
Compartir

O luns 16 de decembro ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Compostela titulada “Mosteiros e vida monástica na Compostela medieval”, que estará impartida por José Miguel Andrade, Profesor de Historia Medieval da USC. Só se permitirá o acceso á sala libre e gratuíto a partir das 19.55h ata completar a capacidade da mesma.

Na conferencia o Profesor fará referencia a mosteiros como o de San Paio de Antealtares como orixe monástica de Santiago ou San Martiño Pinario como a outra gran referencia cenobítica na primeira Compostela, así como á chegada dos cóengos regulares con Santa María de Sar e os mendicantes, entre outros.

José Miguel Andrade Cernadas (A Coruña, 1963) é Profesor Titular de Historia Medieval da USC dende o ano 1995. A maior parte das súas investigación céntranse no monacato medieval galego e a súa influencia na sociedade. Tense achegado a outros temas dentro da historia das mentalidades, a historia política e varios aspectos da vida cotiá na Galicia medieval.

Próximos eventos Ver axenda