Luns, 17 de febreiro: Conferencia «A representación social da emerxencia climática», de Pablo Meira

O próximo luns 17 de febreiro ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19, o Ateneo de Santiago realizará, dentro do ciclo de conferencias sobre o cambio climático, unha charla organizada pola sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada «A representación social da emerxencia climática». Será impartida por Pablo Meira, profesor de Educación Ambiental na USC.

Pablo Meira Cartea é profesor titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). A súa investigación está centrada no estudo das bases teóricas da Educación Ambiental, o deseño e avaliación de políticas públicas e recursos da mesma, así como as representación sociais do cambio climático. É director do proxecto Resclima e cofundador e expresidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental. É ademais autor de máis de 200 publcacións en libros e revistas.

Próximos eventos Ver axenda