Hemeroteca

A historia da primeira cadea radiofónica, nos "Luns do Atenero"

Compartir

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O luns, ás 20.00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada «Aquí Unión Radio. Crónica da primeira cadea radiofónica» que estará impartida por Ángeles Afuera, investigadora e ex-documentalista de Cadena Ser. Unión Radio foi o primeiro gran proxecto radiofónico español, nacido en 1924 e respaldado polas principais compañías internacionais. O seu obxectivo, que cumpriu nos seus 14 anos de existencia, foi crear unha cadea de emisoras locais en torno a unha cabeceira potente, a súa emisora principal,  a madrileña Unión Radio, que comezou a emitir en xuño de 1925. Desde o seu nacemento, Unión Radio, instalada na Gran Vía, foi a voz e o reflexo dunha época de cambios políticos e sociais.

Ángeles Afuera é Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. En 1989 suxeriu ao director da cadea Augusto Delkáder a creación dun departamento de Documentación para preservar o patrimonio sonoro da canle e apoiar e verificar a veracidade das noticias con documentos sonoros. Deste xeito, fundou e dirixiu este departamento durante 27 anos ata a súa xubilación en 2016. Encargouse de dirixir os procesos de catalogación, indización, minutado e automatización dos fondos radiofónicos en tres aplicacións diferentes e descubriu pezas radiofónicas que se crían perdidas. 

Durante os seus 40 anos de vida profesional sempre estivo ante o micrófono, tanto nos Informativos como en programas como Las ciudadanas. Ademais tamén foi docente de materias de xornalismo dixital e de documentación audiovisual en cursos a distancia e da Universidade Complutense e publicou numerosos artigos académicos sobre o tratamento da documentación de radio, así como un manual de usuario do programa 'Dokumentor'. En 2007 recibiu o Premio Nacional de Documentación á Calidade e Innovación, concedido pola Sociedad Española de Documentación e Información (SEDIC), e en 2011 a Antena de Ouro de Radio, concedida pola Federación de Asociaciones de Radio de España.

Ver en Galicia Diario

Eventos relacionados