Conferencia «Aquí Unión Radio. Crónica da primeira cadea radiofónica» de Ángeles Afuera

Data
Luns, 10 de maio de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Sociedade da Información
Compartir

O luns, 10 de maio ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade da Información, titulada «Aquí Unión Radio. Crónica da primeira cadea radiofónica» que estará impartida por Ángeles Afuera, investigadora, ex-documentalista de Cadena Ser.

Ángeles Afuera é Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. En 1989 suxeriu ao director da cadena Augusto Delkáder a creación dun departamento de Documentación para preservar o patrimonio sonoro da canle e apoiar e verificar a veracidade das noticias con documentos sonoros. Deste xeito, fundou e dirixiu este departamento durante 27 anos ata a súa xubilación en 2016. Aquí quedaron englobadas a fonoteca, a hemeroteca, a biblioteca e a coordinación dos arquivos sonoros do Grupo Prisa Radio e a súa expansión polas emisoras do grupo en Colombia, Arxentina, Chile e México. Encargouse de dirixir os procesos de catalogación, indización, minutado e automatización dos fondos radiofónicos en tres aplicacións diferentes e descubriu pezas radiofónicas que se crían perdidas. Durante os seus 40 anos de vida profesional sempre estivo ante o micrófono, tanto nos Informativos como en programas como Las ciudadanas. Un programa para la nueva mujer, ideado por ela e Carmela García Moreno, Hoy por Hoy, Hora 25 ou La Ventana, entre outros, dando visibilidade á tarefa dos profesionais dos arquivos nos medios de comunicación. Ademais tamén foi docente de asignaturas de periodismo dixital e de documentación audiovisual en cursos a distancia e da Universidade Complutense e publicou numerosos artigos académicos sobre o tratamento da documentación de radio e un manual de usuario do programa DOKUMENTOR. En 2007 recibiu o Premio Nacional de Documentación á Calidade e Innovación, concedido pola Sociedad Española de Documentación e Información (SEDIC), e​ en 2011 a Antena de Ouro de Radio, concendida pola Federación de Asociaciones de Radio de España.