Hemeroteca

Chega a función que clausurará o Festival Ateneo Barroco 2022

Compartir

 

Santiago. Este luns clausúrase a cuarta edición do Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco 2022, organizado polo Ateneo de Santiago co patrocinio do programa O teu Xacobeo da Xunta e a Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Santiago, o CDG e a Agadic. O Salón Teatro acollerá ás 20.00 horas o cuarto e último dos concertos desta edición que tan bos momentos deixou nos anteriores coa presenza da soprano Roberta Invernizzi, o arpista Manuel Vilas e os conxuntos Qvinta Essençia, Capela Compostelana e Armonía Concertada.

Accademia del Piacere, baixo a dirección do violagambista Fahmi Alqhai, que unen os seus sobresaíntes talentos musicais para dar nova vida a unha selecta colección de arias das obras escénicas de Sebastián Durón no programa Muera Cupido. Sebastián Durón, José de Nebra e a tradición musical teatral en España ao redor de 1700. As entradas aínda se poden adquirir en www.festivalateneobarroco.gal e www.ateneodesantiago.gal, así como na billeteira do Salón Teatro dende unha hora antes do comezo do concerto ao prezo de 15€.

Coa concepción, arranxos e adaptación de Fahmi Alqhai, a máis internacional das sopranos españolas dedicada ás músicas históricas, Núria Rial, acompañada de Accademia del Piacere, recoñecido como unha referencia á vangarda na música antiga, interpretarán un conxunto de pezas dedicadas ao inesgotable e sempre emocionante tema do amor. ECG

Ler en El Correo Gallego

Eventos relacionados