Ateneo Barroco

Festival de música barroca estruturado en concertos e actividades didácticas complementarias, onde tamén se pode gozar do patrimonio artístico da cidade

Datas
Mes de outubro

Festival de música barroca estruturado en concertos de diversas e ilustrativas temáticas, que supoñen unha experiencia musical única e completa, avalada pola calidade dos músicos e a excelencia das músicas seleccionadas, onde tamén se pode gozar do patrimonio artístico da cidade.

As interrelacións, conexións e proximidade de todos os programas dos concertos están aproveitadas ao máximo no deseño das actividades complementarias, un apartado formativo e divulgativo concibido para contribuír a enriquecer a experiencia e o coñecemento do público do festival e que inclúe conferencias, encontros e charlas cos artistas e os seus instrumentos e un ciclo de cinema, documental e música.