Novas
Doré en casa da Filmoteca Española
- Compartir
Filmoteca Española e EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales) únense para ofrecer de forma gratuíta e online títulos recuperados ou restaurados recentemente por Filmoteca Española, ademais doutros clásicos de cine español.
A través da canle «Doré en casa» da súa conta de Vimeo, Filmoteca Española ofrece unha película que será accesible aos espectadores durante tres días, ata que se programe a seguinte entrega. Neste sentido, a idea que persigue esta iniciativa non é crear unha plataforma de cine online á carta, senón converter os fogares dos espectadores nunha nova pantalla do Cine Doré agora que as circunstancias obrigan a ter as salas físicas pechadas.
Así, cada tres días e sen anunciar previamente a seguinte película, renovarase o título para que os espectadores e as espectadoras poidan disfrutar das cintas dende os seus domicilios.
Enlace á canle Doré en casa