Arte, Educación e Cultura
Ten unha enorme amplitude de perspectivas, incluíndo a Arte, a Educación e outras temáticas como a lingüística, a arqueoloxía ou a etnografía.
Por unha banda, na ARTE, trata a promoción e a difusión das Belas Artes (pintura, escultura, música e teatro, danza e literatura) así como a fotografía, o cinema e as artes gráficas, e mesmo tecnodixitais, tanto dende a perspectiva de Galicia cun espazo artístico propio (artistas, historiadores, galerías, institucións, coleccionistas) como tamén dende o escenario español, europeo e internacional como lugar aberto onde conflúen intereses artísticos, sociais, históricos, económicos e políticos.
No ámbito da EDUCACIÓN reflexiona sobre a educación e a formación como vehículo de transmisión de coñecemento e de valores cívicos e democráticos, promovendo o desenvolvemento intelectual, cultural e social para formar individuos libres con capacidade crítica e ansia de coñecemento.
Inclúe tamén outras temáticas como a lingüística, a arqueoloxía, a artesanía ou a etnografía, onde Galicia ofrece múltiples e curiosos materiais típicos e dunha variedade incalculable e tendo en conta, do mesmo xeito, o panorama da cultura europea e universal no seu sentido máis amplo.