Novas

Domingo, 28 de xuño e 5 de xullo: Visitas guiadas no CGAC

Compartir
O CGAC retoma o seu programa de visitas guiadas durante a fin de semana. O público poderá achegarse os vindeiros domingos 28 de xuño e 5 de xullo ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte.

Visitaranse as mostras Frances Torres. Crebas Museo (do ermitán) ManAntón Patiño. Caosmos e a nova exposición Wonder Women, que conta con pintura, escultura, arte sonora, ready-made, vídeo e instalacións de artistas mulleres presentes na Colección CGAC.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12h e terán unha duración aproximada de 50 minutos. O grupo formarase por orde de chegada ata un máximo de 20 persoas.

É imprescindible o uso de máscara durante a visita.

Máis información