Novas

Medidas a tomar ante o coronavirus (COVID-19)

Compartir

Debido á situación actual de pandemia por coronavirus e ao decreto do Estado de Alarma por parte do Goberno de España, dende o Ateneo de Santiago consideramos importante informar sobre a situación á cidadanía para garantir a súa seguridade fronte a este virus.





Que medidas adoptou o goberno fronte a esta situación?





Dende este sábado, 14 de marzo, o Goberno de España decretou o Estado de Alarma, que permite limitar a circulación ou permanencia de persoas e vehículos.





Podo saír da casa mentres dure o Estado de Alarma?





Si, pero só se é estritamente necesario. Os casos contemplados polo goberno nos que SI se pode abandonar o domicilio son:





  • Saír para facer a compra ou ir á farmacia
  • Saír para comprar prensa, tabaco ou similares
  • Ir ao médico
  • Ir a traballar
  • Saír para a asistencia ao coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas vulnerables
  • Ir a entidades financeiras
  • Pasear ao can (o tempo necesario para que faga as súas necesidades)
  • Volver á casa despois de saír nos anteriores casos
  • Outras causas de forza maior ou de natureza análoga




Podo saír acompañado?





Non, excepto nos casos de persoas que teñan problemas de mobilidade.





Que me pode pasar se incumpro as disposicións do Estado de Alarma?





En primeiro lugar, cumprir as disposicións do Estado de Alarma sen xustificación só axuda a agravar a situación de pandemia. Por outra banda, as autoridades poden impoñer aos cidadáns multas dende os 100 euros ata 1 ano de cárcere.





Que debo facer se teño síntomas?





Simplemente ter síntomas non basta para determinar que alguén teña coronavirus. Ten que existir tamén un vínculo epidemiolóxico co virus (ter estado en zonas de especial risco ou ter contacto con persoas infectadas). De ter síntomas e vínculo co virus, non debemos acudir ao hospital nin ao médico. Simplemente, debemos quedar na casa e chamar aos servizos sanitarios. Para facilitar o diagnóstico do coronavirus, o Sergas habilitou un autotest online, que se pode realizar na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/autotest/index.html?lang=es-ES





A que teléfono debo chamar?





Non debemos chamar ao 112 nin ao 061, xa que estes son teléfonos para emerxencias. Se temos síntomas leves debemos chamar ao teléfono especialmente habilitado para os casos de coronavirus. Este teléfono é o 900 400 116. Só debemos chamar ao 061 se temos síntomas moi graves.





Cales son os síntomas do coronavirus?





Os síntomas máis comúns son:





  • Febre (temperatura a corporal a partir de 37,5ºC)
  • Tos seca
  • Sensación de falta de aire ou dificultades para respirar
  • Algúns infectados poden tamén sufrir de dores, conxestión nasal, dor de gorxa, e mesmo nalgúns casos, diarrea.