Novas

Maratón de lectura Francisco García Lorca da Fundación Granell

Mércores, 1 de decembro de 2021
De 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h

Compartir

 

Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 1 de decembro, coincidindo coa semana de celebración dos aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra.

Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a Francisco García Lorca, irmán menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.

Granell mantivo unha grande amizade con Francisco ao que coñeceu en Nova Iork cando Granell e a súa familia se trasladaron a vivir a EEUU, nos anos 60. Formaron parte do grupo de exiliados españois e compartiron amigos comúns. Ambos os dous coincidiron na Escola de Linguas de Middlebury, no Estado de Vermont, unha famosa universidade de verán pola que pasaron todos os hispanistas significativos de Estados Unidos.

O arquivo de Eugenio Granell garda mostra desta amizade coa correspondencia entre eles.

Este ano a Fundación Granell contará coa inestimable colaboración da Fundación Federico García Lorca.

Como todos os anos poderdes achegarvos ao Museo de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00 h a escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.

Para facer máis fácil a organización da actividade, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572 124 ou 981 576 394 ou escribir ao correo electrónico secretaria@fundacion-granell.org, indicando a hora á que lles gustaría intervir.

Dende a Fundación Granell comunícannos que nestes momentos só hai ocos dispoñibles para o horario de tarde.

Máis información