
Sociedade da Información
A expresión Sociedade da Información ou Sociedade do Coñecemento popularizouse polo seu uso en iniciativas públicas e medios. Relaciónase cun nivel de desenvolvemento do modelo económico e social cara ao que camiñamos, baseado na información e o coñecemento, no que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xogan un papel clave.
Sen embargo, as tecnoloxías por si mesmas non son suficientes para propiciar as transformacións a nivel económico e social, sendo precisos que conflúan outros factores relacionados con aspectos como a normativa, os cambios na organización e formas de traballo e sobre todo a capacitacións das persoas para utilizar de forma adecuada estas novas tecnoloxías.
Dende o Ateneo de Santiago consideramos importante estar atentos a este proceso histórico que estamos vivindo, coñecendo, debatendo e analizando as transformacións que nos veñen enriba, que poden ser unha oportunidade, pero que tamén comportan riscos. A Sociedade da Información e o Coñecemento engloba aspectos tan importantes como son a comunicación, a educación, a economía e tamén o ocio. Vectores que camiñan xuntos pola rede artellando unha sociedade global da que non podemos quedar á marxe.
Recursos multimedia Ver máis
Novas relacionadas
Bases do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2025
A xornalista Marta Otero Mayán gaña o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2024 por unha reportaxe sobre a inmigración
Bases do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2024
O Ateneo de Santiago entrega o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2023 ao xornalista Pedro Rodríguez Villar
O xornalista Pedro Rodríguez Villar gaña o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2023 por unha reportaxe sobre as adiccións
Dezasete traballos concorren ao Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2023 do Ateneo de Santiago