Entrevista a Miguel Taín

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Miguel Taín
/

Miguel Taín Guzmán é investigador e profesor da USC e leva toda a vida estudando o patrimonio da cidade de Santiago. Comezou o doutoramento en Francia e, ao seu regreso a Galicia, empezou a traballar no Arquivo da Catedral, momento no que realizou, baseándose en toda a documentación que alí atopou, a súa tese de doutoramento sobre Domingo de Andrade, a cal lle levou 10 anos de investigación.