Entrevista a Melania Cruz

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Melania Cruz
/

Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro. Traballa en diversas compañías como actriz profesional (EscénaT, 611 Teatro, CDG, Contraproducións, Producións Excéntricas) e no ano 2016 emprende un proxecto persoal xunto ao director e actor Tito Asorey: A Quinta do Cuadrante. No cine traballou en proxectos como A Esmorga, protagoniza DHOGS e Arima e a súa última participación foi dando vida á personaxe protagonista en ONS, de Alfonso Zarauza, papel polo que recibiu o Mestre Mateo 2021 a mellor actriz protagonista.