A Incógnita de Mateo

Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias
A Incógnita de Mateo
/

Entre os múltiples misterios que encerra a Catedral de Santiago, un dos que máis preguntas ten suscitado ao longo da historia é a biografía do Mestre Mateo. Mateo fixo o Pórtico da Gloria, fixo o coro pétreo da catedral, interveu cos seus homes, coa súa escola, ao longo de case corenta anos nas obras máis importantes da basílica, porén, nada sabemos da súa patria, da súa orixe, onde está a súa tumba? Nin sequera podemos dicir si era galego.