Rúa Nova I: Dona Ernestina

Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias
Rúa Nova I: Dona Ernestina
/

Neste novo episodio estamos na Rúa Nova, antes Vicus Novus ou rúa do Bico, unha rúa histórica que xa recibe este nome dende o século XII. Esta rúa tivo unha intensa vida social e nas súas casas concentrouse a nobreza local, deixando que a incipiente burguesía local e as xentes do comercio se instalasen na veciña Rúa do Vilar.
Na Casa das Pomas viviu, segundo Torrente Ballester, Dona Ernestina a mandona. Dona Ernestina resumía no seu sangue toda a nobreza galega que amosan os catro escudos de armas do edificio: as rivalidades feudais, os odios herdados, as altiveces e intransixencias de setecentos anos…