/
RSS Feed
A finais do pasado ano un alumno da Universidade da Coruña fixo estourar as redes sociais coa denuncia dunha discriminación lingüística que viña de sufrir por parte dunha docente da súa facultade, que rexeitaba valorar o seu traballo por estar escrito en galego.
Isto puxo de manifesto, unha vez máis, a situación de exclusión á que é sometida a nosa lingua, neste caso particular na docencia universitaria. Analizamos a situación que se vive aquí, en Compostela, en relación ao galego e a USC