Hemeroteca

Proxección da película «Sombras no paraíso» de Aki Kaurismäki

Compartir

 

O martes, 12 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Sombras no paraíso» (Varjoja paratiisissa [Shadows in paradise]). Esta película, comprendida dentro do Ciclo «O cinema de Aki Kaurismäki» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Sombras no paraíso (Varjoja paratiisissa [Shadows in paradise])
Director: Aki Kaurismäki
1986, 76 minutos
Nikander é un traballador do servizo de recollida do lixo. Leva unha vida tranquila e sen preocupacións pero dous sucesos cambiarán a súa vida: a morte sospeitosa dun compañeiro de traballo e a súa historia de amor con Ilona, unha muller que traballa como caixeira de supermercado. Primeira entrega da chamada «Triloxía do proletariado».

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados