Hemeroteca

https://www.diariodesantiago.es/santiago/rosendo-salvado-volve-a-santiago-da-man-de-valentin-carrera-nun-acto-con-grande-acollida-no-ateneo/

Compartir

 

O Ateneo de Santiago acolleu este pasado mércores no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo, a presentación de «El mundo desde abajo. La odisea australiana de Rosendo Salvado», de Valentín Carrera, Premio Altaïr de Literatura de Viaxes. O acto, que contou cunha sala ateigada de público, reuniu o autor con Patricia Peña Gil e José Manuel González Herrán nunha conversa arredor da figura do misioneiro beneditino galego e do proceso de investigación e escrita do libro.

Durante a presentación, Carrera explicou a súa aproximación a Rosendo Salvado como unha viaxe literaria, histórica e persoal tras os pasos dun personaxe «poliedrico» e aínda pouco coñecido en Galicia. A conversa permitiu abordar a dimensión humana de Salvado, a súa relación cos pobos yued e noongar, a súa defensa da igualdade e dos dereitos humanos no contexto colonial australiano, así como algunhas das investigacións recollidas no libro, entre elas a identificación da fragata Elizabeth ou a recuperación da identidade das sete monxas irlandesas que viaxaron na expedición.

Editado por Folch i Folch, El mundo desde abajo relata a viaxe de Frei Rosendo Salvado dende Roma ata a Australia Occidental, onde en 1846 fundou a misión de New Norcia. Valentín Carrera, escritor, xornalista e viaxeiro, reconstrúe esta odisea a partir das memorias, diarios e correspondencia do beneditino, nun texto que combina documentación histórica, literatura de viaxes e reflexión sobre a mirada europea, a alteridade e a necesidade de entender o mundo tamén «dende abaixo».

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados