Conferencia «As mil vidas vividas de Begoña Caamaño» de María Xesús Nogueira
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
LETRAS. Hoxe, ás 19:30h o Ateneo de Santiago, coa colaboración do Instituto da Lingua Galega, ten programada na sede de Afundación na Rúa do Vilar, 19 unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas. Trátase dunha conversa titulada As mil vidas vividas de Begoña Caamaño, que estará impartida por María Xesús Nogueira, profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago. Dende hai tres décadas, a ponente vén exercendo a crítica literaria en diferentes medios e como estudosa de Begoña Caamaño asinou recentemente, xunto con Ana Romaní, Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño e coordinou o libro Begoña Caamaño: mudar o mundo, publicado pola institución universitaria compostelá. E o martes, ás 19:00h o Ateneo ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da súa sede (Pr. Salvador Parga, 4-2º) a proxección da película Sombras no paraíso, de Aki Kaurismäki.
Ver en El Correo Gallego