Hemeroteca

Conferencia «O mundo en disputa: quen manda na xeopolítica do século XXI» de Ruth Ferrero

Compartir

 

Hoxe, luns18 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «O mundo en disputa: quen manda na xeopolítica do século XXI», que estará impartida por Ruth Ferrero, Profesora de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid.

Ruth Ferrero-Turrión é Doutora Internacional en Ciencia Política e Relacións Internacionais e profesora no Departamento de Ciencia Política e da Administración, ademais de investigadora no Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI). Forma parte de diversos grupos de investigación sobre dereito internacional, migracións e política da Unión Europea. Premio de Investigación en Estudos Europeos da Fundación Yuste (2019), foi investigadora visitante en universidades como Columbia University, London School of Economics ou o Instituto Universitario Europeo de Florencia. A súa investigación céntrase en xeopolítica, política exterior da UE, migración e asilo, e crises das democracias. Colabora habitualmente como analista en medios nacionais e internacionais.

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados