Hemeroteca

Proxección da película «Ariel» de Aki Kaurismäki

Compartir

 

Hoxe, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Ariel», comprendida dentro do Ciclo «O cinema de Aki Kaurismäki» do Cineclub Ateneo.

Ariel
Director: Aki Kaurismäki
1988, 70 minutos
Taisto Kasurinen é encarcerado por un crime que non cometeu. No cárcere só soña con deixar a súa vida e empezar unha nova fóra do seu país. Un día consigue escapar pero as cousas non sairán tal e como as tiña planeado. Segunda entrega da chamada «Triloxía do proletariado».

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados