Hemeroteca

Axenda cultural: Que facer hoxe, 3 de marzo, en Santiago?

Compartir

 

O Ateneo pon o foco en Carlos Velo no peche do seu ciclo de cine

CINE. O Ateneo de Santiago celebra hoxe, ás 19.00 horas, na Rúa do Vilar, 19, a última sesión do II Ciclo Cinema galego do século XXI do Cineclub Ateneo. A clausura consistirá nunha sesión especial dedicada ao cineasta ourensán Carlos Velo, na que se proxectará a película Raíces (1953), dirixida por Benito Alazraki e con guión, entre outros, do propio Velo. A proxección contará coa presentación e comentario de Armando González, directivo da Fundación Carlos Velo, e de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española e profesor emérito da USC. Raíces, rodada en escenarios como o val do Mezquital, Chiapas, Yucatán ou Veracruz, amosa o choque entre a modernidade e as comunidades indíxenas mexicanas. Velo desenvolveu unha traxectoria fundamental no documental e no cinema cultural, tanto na etapa republicana como no exilio mexicano, e esta sesión permitirá revisitar a súa figura e reivindicar o seu legado internacional.

 

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados