Conferencia «A fame silenciada do franquismo» de Miguel Ángel del Arco
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19) organiza en colaboración co Grupo Histagra da USC un novo Luns do Ateneo coa conferencia A fame silenciada do franquismo. A intervención é a cargo de Miguel Ángel del Arco, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Granada, que vai estar acompañado polo catedrático de Historia da USC, Ramón Villares. Unha reflexión sobre a fame como «unha das consecuencias máis duras e menos visibilizadas da posguerra franquista», así como sobre os mecanismos políticos, sociais e simbólicos que contribuíron ao seu silencio durante décadas. A partir da investigación histórica e do diálogo coa memoria colectiva, a conferencia analiza a relación entre represión, escaseza e control social no contexto do réxime franquista. A charla retransmitirase en directo a través da web ateneodesantiago.gal e na canle de YouTube do Ateneo.
Ver en El Correo Gallego