Conferencia «Castelao, a forxa dun mito» de Henrique Monteagudo
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Henrique Monteagudo é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa. A conferencia repasará a vida de Castelao e de que xeito a súa figura converteuse nun referente galego
Esta tarde, 19.30 horas, o Ateneo de Santiago acollerá, na Rúa do Vilar 19, a conferencia titulada “Castelao, a forxa dun mito”, que será impartida por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega.
A conferencia estará dedicada ao autor rianxeiro en conmemoración do Ano Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento. Na súa intervención, Henrique Monteagudo analizará a traxectoria vital e intelectual de Alfonso R. Castelao e o proceso polo cal a súa figura se converteu nun dos grandes símbolos do galeguismo e da identidade nacional galega.
O relator abordará a dimensión política, artística e lingüística do autor de Sempre en Galiza, así como a vixencia da súa obra e pensamento na sociedade actual, a partir de novas achegas recollidas na súa biografía A forxa dun mito e na exposición comisariada en 2024 sobre Castelao.
Henrique Monteagudo é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e director da Cátedra Castelao da USC. Membro numerario da Real Academia Galega dende 2012, foi o seu secretario e coordinador do Seminario de Sociolingüística, e dende marzo de 2024 exerce como presidente da institución. Autor de numerosos estudos sobre lingua e cultura galega, Monteagudo é tamén editor de Sempre en Galiza e responsable de relevantes traballos sobre a historia social do idioma e a normalización lingüística en Galicia.
Ver en Lindeiros