Conferencia «Franco» de Julián Casanova
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O vindeiro luns, 27 de outubro, ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago acollerá na súa sede da Rúa do Vilar, 19, unha nova cita do seu programa de conferencias. Baixo o título «Franco», o acto estará a cargo de Julián Casanova, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, quen será presentado polo tamén catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto.
Nesta intervención, Casanova abordará a figura do ditador Francisco Franco dende unha perspectiva histórica e crítica, analizando tanto o contexto da súa chegada ao poder como a natureza política e social do réxime que instaurou. A conferencia procurará ofrecer unha lectura renovada e documentada sobre o franquismo, integrándoo na historia europea das ditaduras do século XX e nas dinámicas de violencia e represión que o caracterizaron.
Julián Casanova é un dos historiadores máis recoñecidos da súa xeración. Catedrático da Universidade de Zaragoza e profesor visitante na Central European University de Budapest, é autor de obras fundamentais comoLa Iglesia de Franco,España partida en dos,Una violencia indómita. El siglo XX europeoouHistoria de España en el siglo XX. Membro do Institute for Advanced Study de Princeton e colaborador habitual de El País, ten sido profesor visitante en universidades de Europa, Estados Unidos e América Latina, e é un referente internacional na investigación sobre a Guerra Civil, o franquismo e a historia social contemporánea.
Ver en Diario de Santiago