Hemeroteca

Seminario Europa: «A Unión Europea ante os novos deuses fortes» con Nicolás González Casares

Compartir

 

Hoxe mércores, 29 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Nicolás González Casares, Deputado no Parlamento Europeo polo PSdeG, dentro do Seminario Europa. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, levará por título «A Unión Europea ante os novos deuses fortes».

Nicolás González Casares estudou enfermería na Universidade de Santiago de Compostela. Experto en Xestión de Servizos de Enfermería, exerceu no 061 e como docente e investigador, especializándose en soporte vital polo ERC e pola AHA. Participante en diversos movementos sociais no campo medioambiental, cultural e deportivo, preside a asociación ecoloxista Vilau Garrido dende 2009. Dende 2007 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, tendo ocupado diferentes cargos orgánicos na política local e rexional, entre eles o de Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Servizos Sociais, Saúde e Deporte no Concello de Lalín. En marzo de 2019 foi elixido Deputado no Parlamento Europeo, onde traballa como titular na Comisión de Enerxía, Industria e Innovación (ITRE) e é substituto nas Comisións de Medio Ambiente e Saúde (ENVI) e de Pesca (PECH), ocupándose de temas como a transición enerxética, o cambio climático, saúde e pesca.

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados